Manuel Gómez Román
62 anos do seu pasamento

Esta proposta forma parte de: Acordanzas
Tal día coma hoxe, o 11 de novembro de 1964, falecía o arquitecto vigués Manuel Gómez Román, artífice do proxecto de adaptación do antigo convento de San Francisco para acoller o Museo Provincial de Lugo na década dos 50 do século pasado. Este edificio, sede actual do museo, foi inaugurado en 1957.
Desde o MPL lembramos a súa figura a través do seguinte artigo: Balseiro García, A. (2024, 2 de maio). Gómez Román: o arquitecto comprometido. Nós Diario, p. 28.


