Actividades de verán na RMPL 2023
Veranea nos museos!
Temática: Educación e mediación
Público: Infantil e familias
Esta proposta forma parte de: Programa de verán
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Cando: Xuño-Agosto
Formato: Presencial
Desde os catro museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo propoñémosche un programa refrescante cunha morea de actividades para o verán 2023.
Actividades variadas, para todas as idades, propostas guiadas polo afán de aprender e gozar ao mesmo tempo. Unha mestura de coñecementos e entretementos que procuran que a cultura e a historia deste noso país, que procuramos divulgar e transmitir desde as coleccións expostas nos museos da Rede, formen parte das nosas vidas tamén no verán.
Tempo de facer novas amizades, de compartir, de crear e soñar! Se te animas, aquí tes sempre a porta aberta!
VERÁN NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
CAMPAMENTO DA RMPL NO MPLUGO
Idades: de 6 a 13 anos
Datas: 4, 5, 6 e 7 de xullo
Horario: de 10.00 a 13.00 h.
Prazas: 15
1ª parte cada día de 10.00 a 11.00 h.:
FONTANEANDO: CHÍOS DA REDE MUSEÍSTICA, SOBREVOANDO O TERRITORIO E A COMUNIDADE.
2ª parte cada día de 11.00 a 13.00 h.:
”CORPORIZARTE NA RMPL”
Imparte: Stephanie Cubides Martínez. Licenciada en Artes Escénicas, Universidade Pedaxógica Nacional, Bogotá. Diplomada en prácticas artísticas e construción da paz desde o territorio, especialista no desenvolvemento de linguaxes corporais dende as artes escénicas, clown, danza contemporánea inclusiva e ioga.
Obxectivos:
Este espazo de-formativo é unha iniciativa da RMPL que busca indagar nas relacións que se tecen co espazo museo desde a infancia.
Nestas sesións exploraremos relacións que inquieten as miradas, que deconstrúan as formas de aproximarnos á arte e a cultura e que promovan o benestar dos nenos e as nenas a través do corpo en movemento, para iso usaremos estratexias propias das artes escénicas (danza, xogos teatrais, risoterapia e algunha pirueta que nos/ nos poña a ver o mundo desde múltiples perspectivas) xerando así un espazo de complicidade e xogo creactivo que nos/nos penetre no museo desde o goce e a alegría.
MUSEOS E SAÚDE NA RMPL. PINTURA E CONSCIENCIA
Talleres guiados polo artista Alberto Pena, Licenciado en Belas Artes na Universidade de Sevilla (especialidade de pintura), docente en diversos talleres de arteterapia.
Espazos de autoc-oñecemento onde pintar as túas paisaxes internas. Unha viaxe ao teu interior a través da experiencia fundamental da creación, confiando no que emerxe de forma espontánea, manipulando materiais, investigando no manexo de técnicas e recursos plásticos, con obras de Arte como inspiración. Neste laboratorio experimentarase coa atención ao corpo, cos sentidos e coas emocións, en contacto coa intuición e coa linguaxe simbólica. Descubrirás que creces en profundidade e o compartes cos demais.
Sesión de mañá para crianzas
Idades: de 6 a 16 anos
Datas: 11, 12 e 13 de xullo
Horario: de 10.00 a 13:00 h.
Prazas: 10
Sesión de tarde para adultos
Idades: maiores de 16 anos
Datas 11, 12 e 13 de xullo
Horario: de 17.00 a 20.00 h
Prazas: 10
VERÁN NO MUSEO PROVINCIAL DO MAR
TRIPULACIÓN A BORDO!!!
Comeza o verán e botámonos ó mar da diversión e o saber na procura de aventuras e novos descubrimentos, como se atreveron aquelxs afoutxs navegantes que fixeron do noso planeta un mundo máis grande e diverso para todas e todos nós. Agora o mundo precisa da nosa axuda! Está intoxicado pola contaminación que emitimos á atmosfera e por todo o lixo que estamos tirando ós nosos océanos. Se nos acompañades este verán, navegaremos por eles recollendo todos estes refugallos e facendo da pesca unha actividade sostible. Para unha tarefa tan importante teremos que colaborar todxs e para iso temos que aprender a entendernos e a comunicarnos. Moitas son as maneiras e sempre mellores os resultados. Achegádevos ó museo e embarcádevos connosco! Tripulación a bordo!
Todos os nosos obradoiros están dirixidos a nenxs de 4 a 14 anos, cun límite de prazas de 10 participantes. Levaranse a cabo os MÉRCORES de 11:30 a 13:30 h. no propio museo. No caso de que a demanda fose maior, repetiríamos a actividade ese mesmo xoves.
Como novidade seguiremos parolando coas nosas xentes, pero contándovolo a pequenas doses! Con, cada MARTES, FONTANEANDO: CHÍOS DA REDE MUSEÍSTICA, SOBREVOANDO O TERRITORIO E A COMUNIDADE. Ás 12:00 h., achegaremos esas pequenas historias gardadas nas pezas e nas vidas que fan parte do noso museo que tanto nos gustan!
NA LIÑA DE FLOTACIÓN
A liña de flotación é o que separa a parte somerxida do barco da que está sobre a auga. É a liña que marca o perigo de afundimento. Seremos quen de mantelo a flote? Experimentaremos co principio de Arquímedes e aprenderemos como e por que conseguimos que os navíos naveguen sobre o mar (ou debaixo del!).
Data: mércores 5 de xullo
Hora: de 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 10
Idades: de 4 a 14 anos
CONTOS E CANTOS DA BALEANORTE, con Ugia Pedreira e Lidia Luna
Data: sábado 8 de xullo
Hora: 12:00 h.
OÍDOS QUE VEN
A maioría das persoas perciben polos ollos o 80% da información, polo que as veces non somos conscientes de canto podemos ver cos oídos, canto nos contan os sons!
Imos pór a proba o poder de recoñecemento dos nosos oídos, descubrir as sensacións que nos transmiten os sons e a tratar de comunicarnos a través deles.
Data: mércores, 12 de xullo
Hora: de 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 10
Idades: de 4 a 14 anos
OLLOS QUE ESCOITAN
Non hai tantos anos, só unhas poucas persoas sabían ler e escribir, polo que a información transmitíase por medio de imaxes, máis accesible para a maioría da poboación.
Escudos, logos, pictogramas ou emoticonas son imaxes que hoxe en día seguimos usando para comunicarnos. Seremos quen de conseguir que os nosos debuxos falen?
Data: mércores 19 de xullo
Hora: de 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 10
Idades: de 4 a 14 anos
BANDEIRAS QUE FALAN
As bandeiras nacen como elementos identificativos dun colectivo ou dun lugar. No mundo da navegación seguen sendo un importante medio de transmisión de información, cun código recoñecido internacionalmente, aínda en tempos onde as novas tecnoloxías se están apropiando da comunicación entre persoas.
Imos probar nós a comunicarnos con outros códigos. A ver si descifrades a nosa mensaxe!
Data: mércores 26 de xullo.
Hora: de 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 10
Idades: de 4 a 14 anos
lixARTE
Converteremos en arte aquelo que lixa os nosos mares. O mar comeza en nós e o noso comportamento reflíctese no seu estado. Queremos uns océanos limpos e saudables, así que a arte serviranos para levantar a voz contra a contaminación. Coa colaboración do artista Martín Lestao elaboraremos un mural colectivo con refugallos que habitualmente atopamos nas nosas ribeiras.
Data: mércores 2 de agosto
Hora: de 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 10
Idades: de 4 a 14 anos
EXPEDICIÓN MARUXAINA!
A nosa serea esta atrapada nunha cova mariña, rodeada por un monte de refugallos e de substancias perigosas que poñen en risco a súa vida. Armaremos unha expedición para ir ó seu rescate. Apuntádesvos á aventura?
Data: mércores 9 de agosto
Hora: de 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 10
Idades: de 4 a 14 anos
VAI DE BALEAS!
Os océanos non só están contaminados polo lixo que tiramos neles, senón que tamén os estamos enchendo de ruídos que prexudican ós animais que os habitan. As baleas teñen comunícanse e oriéntanse polos sons que emiten entre elas, polo que a contaminación acústica prexudica a súa forma de vida. Mergullémonos con elas e descubramos os sons que máis nos gustan!
Data: mércores 23 de agosto
Hora: de 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 10
Idades: de 4 a 14 anos
ABORDAXE PIRATA!
E acabouse o verán 2023! Imos celebralo cunha divertida abordaxe! Enrolarémonos nunha banda de piratas de bandeira sostible, que andan sucando os mares liberándoos de residuos.
Data: mércores 30 de agosto
Hora: de 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 10
Idades: de 4 a 14 anos
VERÁN NO MUSEO PAZO DE TOR
SACRAFESTIVAL -PROGRAMACIÓN EXPANDIDA-ARTE PARA UNHA PAISAXE
-
COMPAÑÍA 5S (Compañía multidisciplinar de arte inclusivo,danza,teatro y música)
-
CRNDS ALLOVA (músico Alberto Cernadas)
-
SILA LUA (compositora,pianista e cantante)
Data: 14 de xullo
Horario: 19.00 h. (ata completar aforo)
CAMPAMENTO DA RMPL NO MUSEO PAZO DE TOR
Idades: de 6 a 13 anos
Datas: 20 e 21 de xullo
Horario: de 10.00 a 13.00 h.
Prazas: 15
1ª parte cada día 10 a 11 h :
FONTANEANDO: CHÍOS DA REDE MUSEÍSTICA, SOBREVOANDO O TERRITORIO E A COMUNIDADE.
2ª parte cada día de 11 a 13 horas:
”CORPORIZarte NA RMPL”
Imparte: Stephanie Cubides Martínez
Licenciada en Artes Escénicas, Universidade Pedagóxica Nacional, Bogotá. Diplomada en prácticas artísticas e construción da paz desde o territorio, especialista no desenvolvemento de linguaxes corporais dende as artes escénicas, clown, danza contemporánea inclusiva e o ioga.
Obxectivos:
1. Xerar un espazo de benestar destinado ao coidado propio e colectivo a través das artes escénicas nos museos.
2. Reconquistar o espazo de museo desde a exploración física e sensorial.
3. Reivindicar o dereito para interactuar coa arte e a cultura a través do xogo, o xogo creativo e creador.
Nestas sesións exploraremos relacións que inquieten as miradas, que deconstrúan as formas de aproximarnos á arte e a cultura e que promovan o benestar a través do corpo en movemento, para iso usaremos estratexias propias das artes escénicas (danza, xogos teatrais, risoterapia e algunha pirueta que nos/nos poña a ver o mundo desde múltiples perspectivas) xerando así un espazo de complicidade e xogo creactivo que nos/nos penetre no museo desde o goce e a alegría.
OBRADOIRO PAZO CON TODXS
Xerar un espazo de benestar destinado ao coidado e promoción de relacións comunitarias a través da risoterapia e o xogo no museo.
Deconstruír e resignificar os espazos do Pazo de Tor desde a exploración e interacción física e sensorial en comunidade.
Contribuír aos procesos de medrar xuntxs a través da práctica e creación de xogos espontáneos e creactivos en comunidade.
Idades: PARA TODXS
Datas: 18 e 19 de xullo
Horario: de 10.00 a 13.00 h.
Prazas: 20
VERÁN NO MUSEO SAN PAIO DE NARLA
ARGALLANDO NA REDE
Un ano máis dispoñémonos a desfrutar do verán dun xeito histórico e cultural, sen esquecer a diversión, participación e aprendizaxe común.
O Museo Fortaleza San Paio de Narla será o escenario idóneo para coñecer, argallar e investigar sobre os catro museos que compoñen a Rede Museística Provincial de Lugo.
Viaxaremos virtualmente e traballaremos os contidos que máis caracterizan a cada un destes museos, facendo saltos cronolóxicos no tempo e trasladándonos a outras épocas.
A caracterización dxs participantes nestes obradoiros de verán será clave para ambientar os distintos períodos históricos. SUBIDES Á NOSA MÁQUINA DO TEMPO?
- MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Descrición: adentrarémonos na cultura castrexa e romana da man das pezas do museo da capital que nos contaran como Paulo Fabio Máximo funda Lucus Augusti.
Data: mércores 28 de xuño
Hora: de 12.00 a 13:30 h. ou de 17.00 a 18:30 h. (a escoller)
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
Todas as idades
-
MUSEO PAZO DE TOR
Descrición: seremos testemuñxs da época de fidalgos e campesiños, o Pazo de Tor será escenario de coñecemento do mundo pacego.
Data: venres 30 de xuño
Hora: de 12.00 a 13:30 h. ou de 1700 a 18:30 h. (a escoller)
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
Todas as idades
-
MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Descrición: con motivo da Maruxaina, daremos a coñecer mitos e lendas, sereas e baleas.
Data: venres 4 de agosto
Hora: de 17.00 a 18:30 h.
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
Todas as idades.
-
MUSEO SAN PAIO DE NARLA
Descrición: a Fortaleza será escenario dun medieval caligráfico, un mundo de coñecemento e cultura abrirase diante de nós.
Data: venres 18 de agosto
Hora: de 17.00 a 18:30 h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
Todas as idades
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Percorrendo Fotografía a Cegas
Percorrendo Fotografía a Cegas 4 de decembro, ás 11:30 horas, no Museo Provincial de Lugo