Amar a(mares)
Julia Ares

Dende o 3/04/2025 ata o 31/05/2025
O Museo Provincial de Lugo acollerá a exposición “Amar a(mares)”, unha compilación de obras da artista coruñesa Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. Ares leva décadas desenvolvendo un traballo rigoroso e singular con cristal, ou vidro, como ela mesma o denomina, consolidándose como unha referencia dentro desta disciplina.
Esta exposición ofrece unha mostra das mellores creacións da artista, con 29 pezas que inclún obras de pé, de parede, colgantes e diversas instalacións. Cada unha delas transporta ao espectador cara ao mar, un elemento indisolublemente ligado á súa traxectoria e inspiración artística.
A inauguración terá lugar o 3 de abril de 2025, ás 19:00 h, no Museo Provincial de Lugo. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 31 de maio de 2025.
Este proxecto forma parte da iniciativa “(Re)coñecer, (Re)presentar, (Re)distribuir” da Rede Museística Provincial de Lugo, que busca dar visibilidade á obra de mulleres artistas cunha traxectoria trascendental e de gran interese.