Casa de soga e coitelo
O cárcere de Tor
Temática: Identidade, memoria e territorio
Esta proposta forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Ábrese un novo espazo musealizado que ao longo dos séculos tivo diversos usos no pazo. As noticias mais antigas fálannos de que na parte inferior desta sala estaría o vello cárcere da xurisdición. Hai que lembrar que o pazo ostentaba o dereito xurisdicional, tanto civil como criminal, o que lles daba o dereito de nomear os xuíces que velarían polo cumprimento das leis en todo o seu territorio. A eles ademais correspondíalles o deber de executar as sentenzas que ditaminasen os xuíces, o de cárcere incluído.
Pero este espazo, na súa parte superior tamén albergou o que se coñeceu como “El nido”, un espazo de esparexemento e diversión para os mozos da casa e do que queda o recordo polas súas pinturas que adornan as paredes.
Mais tarde, a mediados do século XX, D. José Taboada de Zúñiga utilizou este espazo para reunir nel todos os libros da casa e organizalos, creando a primeira biblioteca como tal que houbo no pazo. Un espazo que axudou a crear Angelita con nove anos, xa que a vista de D. José xa non era moi boa.
O espazo que musealizamos pretende rescatar todas estas historias soterradas respectando todos e cada un dos usos que tivo este espazo ao longo dos anos e as vivencias de quen os ocupou.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Efemérides como Ferramentas de Concienciación e Inclusión na RMPL
Efemérides como Ferramentas de Concienciación e Inclusión na RMPL Día Mundial da Visión e o Día Mundial