“Sons Herdados”

Concerto da Orquesta de Cámara Lug

Cartaz do concerto "Sons Heredados" da Orquestra de Cámara LUG, que terá lugar o venres 10 de abril ás 19:15 h no Museo Provincial de Lugo. O evento, con entrada libre ata completar a capacidade, enmárcase nas IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, baixo o título temático "A memoria da pedra: O claustro do Museo Provincial de Lugo e as coleccións que alberga".

O Museo Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres 10 de abril, ás 19:15 horas, o concerto titulado “Sons Heredados”. Esta actuación, protagonizada pola Orquestra de Cámara Lug e dirixida por Manuel Fernández Gayol, director do Centro de Música Glissando, forma parte da programación das IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense. A proposta busca ofrecer ao público unha viaxe musical a través do folclore que abrangue dende a Idade Media ata a actualidade, adaptando pezas históricas á sonoridade clásica dunha orquestra de corda.

Durante a interpretación, o repertorio incluirá as Cantigas de Santa María de Alfonso X, a música tradicional inglesa de John Dowland e obras de Haendel, que convivirán con muiñeiras e pezas representativas do cancioneiro galego máis recente. Esta experiencia sonora complementarase coa proxección da obra da artista visual Marta Prieto, engadindo unha dimensión creativa e plástica ao evento.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes