“Percorrendo Castelao”

Concerto musical

O vindeiro sábado 29 de marzo, ás 18:00h, terá lugar no Museo Provincial de Lugo o concerto musical “Percorrendo Castelao”, a cargo da agrupación lucense de música de cámara Lucus Ensemble.

Esta actividade, que se enmarca dentro do programa conmemorativo do MPL polo 75 cabodano de Castelao, narra o seu percorrido vital a través das músicas que se facían nos lugares e momentos no tempo nos que viviu.

Entrada libre ata completar aforo.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes