Concha Bonet

Centenario do seu nacemento

Temática: Belas Artes

Esta proposta forma parte de: Acordanzas

Este ano lembramos os 100 anos do nacemento da pintora galega Choncha Bonet (A Coruña, 1922-2011), e aproveitamos a ocasión para amosar as tres obras da artista que se atopan nas salas de reserva do Museo Provincial de Lugo.

Choncha Bonet foi unha artista autodidacta que se deu a coñecer nunha exposición de artistas noveles, celebrada no Círculo das Artes de Lugo no ano 1954, na que é galardoada cunha mención honorífica.

Tras pasar tempadas  en Roma e París,  a partir de 1958 comeza a expoñer en diversas galerías de arte.

O seu estilo pictórico, figurativo e moi colorista, caracterízase polo emprego dunha  pincelada moi empastada.

Entre os seus temas favoritos están as paisaxes de vilas galegas coma Combarro, Cedeira, Caión, Ares, Ribadeo, Pontedeume, Betanzos ou A Coruña entre outras, as mariñas, as feiras e romarías ao redor das igrexas; as  festas populares coma o San Froilán, o  entroido e as  procesións.

Obras de Choncha Bonet no MPLugo

Os tres óleos  que forman parte das coleccións do Museo Provincial de Lugo son moi representativos da obra da pintora Choncha Bonet.  Dous deles, pertencentes ás   “series de barcos”, foron pintados nos anos 50 do século XX e o terceiro “Procesión do Corpus en Lugo”, no ano 1980.

Barcos. A Coruña. “Serie Barcos Nº 7”. 1959. Óleo sobre táboa. 61 x 70 cm.

Barcos. Foz. “Serie Barcos Nº 3”. 1958. Óleo sobre táboa. 61 x 71´5 cm.

Procesión de Corpus en Lugo. 1980. Óleo sobre lenzo.  65 x 81,4 cm.

Tamén che pode interesar

  • Autoretrato de Francisco Domingo Marqués. Obra de los fondos de la Academia de Bellas Artes.

Francisco Domingo Marqués

Ofrecemos nesta ocasión en Acordanzas un achegamento, realizado por Lucila Yáñez, á obra de Francisco Domingo Marqués cando se conmemora o centenario do falecemento deste artista valenciano

Comparte nas túas redes