Coñecelas e recoñecelas
Memoria das mulleres con discapacidade en Lugo

Temática: Accesibilidade, integración e inclusión
Esta acción forma parte de: Mulleres rurais
En Coñecelas e Recoñecelas, a Rede Museística Provincial de Lugo traballou con diferentes mulleres, a maioría do rural, e con diferentes asociacións da provincia, para rescatar as historias e a memoria de todas elas. Despois de facer un chamamento para que todas compartiran as súas historias connosco, recollémolas e xeolocalizámolas neste mapa para desenterralas e compartilas con todxs.
Tamén pode interesarlle
Da Forma ao Concepto: Unha procura que conduce do Realismo á Abstracción
A exposición da escultora Ana Mª Marín poderá verse e tocarse desde este mes de febreiro ata abril no Museo Provincial de Lugo. A mostra tamén compleméntase cun obradoiro sobre escultura táctil para invidentes o día 2 de febreiro ás 11:30h. no Museo Provincial de Lugo.


