Mulleres rurais

Cartaz do programa de mulleres rurais no que sale ana gesto na sua obra do de peito, así como todas as accións que forman parte do programa.

O programa “Mulleres Rurais” da RMPL representa a metodoloxía de traballo que chegou para quedarse na Rede Museística Provincial de Lugo nos ultimos anos, baseado na escoita activa da comunidade como necesidade principal e motor cara o futuro.

Unha colleita que parte de proxectos coma “Amar a mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas”, “Arquitecturas da memoria”, “Friol Lembra”, “Vencellos da memoria: Recuperar onde vivimos reimaxinar onde viviremos”, “Culturas en diálogo”, “Ronsel de Futuro”, “Coñecelas é
Recoñecelas”,“Proximidade Llunyana” e “Recolectoras”. Proxectos diversos dende os cales recuperar e visibilizar a memoria adscrita ao noso territorio dende os diferentes colectivos e realidades que representan a nosa contorna.

Co foco sempre postos nas persoas como motor da nosa sociedade e como representantes do noso pasado, presente e futuro; “Mulleres Rurais” nace fronte a urxente necesidade de conversar arredor das diversas problemáticas do noso rural, salientando a figura feminina como motor principal, necesaria e a pesares de todo invisibilizada…

Accións incluídas neste programa

Comparte nas túas redes