Conferencia da directora do MPL no Espazo Cultural Portas Ártabras

“O Museo Provincial de Lugo como espazo de divulgación patrimonial”

En relación co lema do DIM 2024, que incide na investigación e na educación como finalidades fundamentais dos museos, o xoves 21 de marzo a directora do Museo Provincial de Lugo impartirá no Espazo Cultural Portas Ártabras (A Coruña) a conferencia titulada “O Museo Provincial de Lugo como espazo de divulgación patrimonial”, convidada pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia.

Na intervención, que terá lugar ás 20:00 h e que forma parte dos cursos divulgativos sobre museos realizados por dita asociación, trataranse os programas de investigación e divulgación científica do Museo Provincial de Lugo, facendo fincapé en como se transmite á sociedade a interpretación do patrimonio cultural a través de actuacións de aproveitamento do continente e do contido dun museo.

Tamén che pode interesar

 Sala 14 do Museo Provincial de Lugo 

A partir do 6 de novembro de 2023 está dispoñible para os visitantes deste museo unha nova remodelación da sala 14 que agora estará dedicada a Maruja Mallo, Colmeiro e Castelao cun total de 12 obras.

Comparte nas túas redes