Conferencia de Jaime García-Máiquez no marco do proxecto “A arte que conecta”

“Técnica do xenio. A Sibila dentro do proceso creativo de Velázquez”

O xoves 27 de xuño, ás 19:00 h, terá lugar no Pazo de San Marcos a conferencia “A técnica do xenio. A Sibila dentro do proceso creativo de Velázquez”, impartida por Jaime García-Máiquez (Técnico do Museo Nacional del Prado).

A técnica pictórica de Velázquez sufriu grandes cambios ao longo da súa vida. Estudamos cronoloxicamente a súa evolución, a súa aprendizaxe, as influencias máis destacadas e como a través da súa técnica logrou crear unha das obras pictóricas de máis calidade e ambición da historia da pintura.

Este relatorio forma parte das actividades programadas no marco do proxecto “A arte que conecta”, iniciativa do Museo Nacional del Prado e Telefónica na que participa o Museo Provincial de Lugo mediante a exposición da obra “Sibila” de Velázquez.

Comparte nas túas redes