Cousas arrepiantes no Museo Provincial de Lugo
Cousas arrepiantes no Museo Provincial de Lugo

A Rede Museística Provincial de Lugo propón unha fin de semana de medo no Museo Provincial de Lugo
O Departamento de Didáctica da Rede Museística Provincial de Lugo organiza este fin de semana unha actividade especial para celebrar o Samaín: a visita guiada “Cousas arrepiantes no Museo Provincial de Lugo”, que será conducida por Simón Vicente López, do propio Departamento de Didáctica da Rede.
A proposta, de carácter gratuíto, desenvolverase o sábado 1 e domingo 2 de novembro ás 12:00 horas, e ofrecerá ao público asistente un percorrido polo medo, a través de misterios, lendas e historias sorprendentes que se agochan entre as salas do museo.
A actividade está pensada para todos os públicos e busca poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dende unha mirada diferente, integrando a tradición oral e o relato popular como parte da nosa memoria cultural.


