Da Forma ao Concepto:
Unha procura que conduce do Realismo á Abstracción
Temática: Accesibilidade, integración e inclusión
Público: Infantil e familias | Maiores | Mocidade |
Esta proposta forma parte de: (RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír? Rede Museística Provincial
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: Dende o 1/2/2024 ao 1/4/2024
Obradoiro: 2/2/2024
ás 11:30 h.
Divida en tres bloques temáticos, a exposición da escultora Ana Mª Marín poderá verse e tocarse desde este mes de febreiro ata abril no Museo Provincial de Lugo. A mostra tamén compleméntase cun obradoiro sobre escultura táctil para invidentes o día 2 de febreiro ás 11:30h. no Museo Provincial de Lugo
Dí a artista Ana Mª Marín que sempre lle fascinou a figura feminina como expresión de harmonía, intimidade, ou recollemento. Modelando con arxila empezou a preguntarse sobre a beleza e o misterio da vida. Traballa a idea do feminino, como expresión do universal en busca de respostas fronte ao invisible. (“Eva”)
Ao descubrir as Venus Prehistóricas coas súas formas grávidas, esenciais e primitivas, sentíu que o feminino ía máis aló da expresión de beleza. Así nacen unha serie de esculturas que respiran a expresión do sentido íntimo da vida, a semente que xermina e desenvólvese grazas á forza da Vida. (“Venus”)
Por último, na serie (“Mater-Ágora”) evócase á nai natureza que nos acolle no seu seo. O poder do feminino como forza da natureza en constante transformación, os tránsitos da vida, o corpo orgánico e a identidade de pertenza. Xorde un sentido máis universal coa necesidade de que nos recoñezamos como fillos e irmáns dunha mesma nai, a Terra. A Terra que habitamos, entendida como espazo para reflexionar sobre a paz, en busca de vínculos inclusivos que nos fagan conscientes diso, e permítannos vivir con máis alegría e agradecemento.
Galería das obras
Galería da inauguración
Galería do obradoiro
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Memoria Audiovisual: 13 anos de Fotografía a Cegas
Memoria Audiovisual: 13 anos de Fotografía a Cegas