[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra
Residencias artísticas.
Temática: Identidade, memoria e territorio
Público: Comunidade artística
Esta acción/programa forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Dende o 3/08/2022 ao 13/08/2022
Presencial
Residencias de co-creación artística coa comunidade e contorna rural. As residencias [Da][Dá] “Da terra semente, dá semente terra” están motivadas pola necesidade de crear un espazo de conversa, creación e recuperación. Consideramos a arte como a plataforma dende a cal poder falar, visibilizar e analizar as temáticas vencelladas ás comunidades e espazos da nosa contorna rural.
Organizadas pola Rede Museística Provincial de Lugo e coordinadas por Vaciocero Servicios Culturales estas convivencias estarán conformadas por catro artistas contemporáneas do tecido cultural galego. Catro miradas, catro disciplinas, infinidade de posibilidades de conversa con: Carla Andrade (audiovisual) // Eva Antelo (interdisciplinar) // Tamara Wassaf (fotógrafía) e María Roja (performance) que crearán catro proxectos baseados na escoita activa e traballo directo coa comunidade. Diversas en temáticas e procesos de produción.
As convivencias serán sempre un espazo aberto ao público fomentando “o achegamento” aos procesos creativos nas súas diferentes fases. Desde a escoita activa, propiciaremos un espazo de convivencia e cocreación entre artistas multiciplinares e as diversas comunidades ou colectivos que formen parte directa no proceso, configuración ou formalización dos proxectos a realizar.
Xornada de portas abertas: martes, 9 de agosto de 2022, a partir das 11:30h