Depósito dunha nova peza de etnografía no Museo Provincial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo incorpora ás súas coleccións de Etnografía o depósito dunha peza de olería de Samos. Trátase da “ámboa dos anxos”, unha obra singular pola súa antigüidade, conservación e decoración. Presenta catro anxos cuxas cabezas, realizadas con molde, sobresaen entre grandes ás executadas por medio de incisións. Entre eles intercálanse catro vieiras, feitas tamén con molde e rodeadas de motivos fitomórficos.

Na parte superior conta con dúas inscricións, unha en relevo que indica o nome do propietario da peza: Soi de R. Díez de Valcarce Vázquez y Quiroga e outra incisa que identifica ao oleiro e a data na que foi realizada: Franco antto Gomez me fecit en Samos en 18 de agosto del año de 1706.

Comparte nas túas redes