Descobre o patrimonio dos concellos da provincia
nos museos da RMPL
Temática: Educación e mediación
Público: Infantil e familias | Maiores | Mocidade
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Cando: Dende o 5/09/2023
ao 29/09/2023
Formato: Presencial
En agosto, a área de Cultura da Deputación Provincial, a través da Rede Museística Provincial de Lugo lanzaba o programa de visitas, “Sabías que?” para coñecer as curiosidades e segredos dos museos que xestiona: Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol e Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos.
Para este mes de setembro establécense novas estratexias para visitar e coñecer os museos.
No Museo Provincial de Lugo comezan as visitas guiadas gratuítas de curta duración “Descobre o patrimonio dos concellos da provincia nos museos da RMPL”. Para coñecer o patrimonio da provincia de Lugo peza a peza, contarase con visitas de martes a sábado ás 11:00 e ás 18:30. Os domingos contarase cunha única visita ás 12:30.
O Museo Provincial de Lugo organiza ademais, visitas guiadas xerais gratuítas dunha duración de hora e media aproximadamente, conforme ao seguinte calendario:
Días 5, 6, 7, 8 ás 12:00 da mañá
Días 12, 13, 14, 15 ás 17:00 horas
Sábados: 16 e 30 ás 12:00 e ás 17:00
Domingos: 17 ás 11:00
Días 19, 20, 21, 22 ás 12:00
Días 26, 27, 28, 29 ás 17:00
No resto dos museos da RMPL as visitas guiadas xerais gratuítas “Descobre o patrimonio da provincia nos museos da RMPL”, serán previa reserva no correo electrónico concertacionsrmp@gmail.com
No Museo Pazo de Tor o aforo é limitado e a visita ten unha duración de hora e media. Para visitar o Museo Provincial do Mar será necesario un mínimo de 40 minutos e 60 para a visita ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla.
Tamén che pode interesar
Mariquiñas e Cuquitas pola diversidade
Mariquiñas e Cuquitas pola diversidade Coñecendo o pasado, creando conexións: As nosas Mariquiñas e Cuquitas