Descobre o patrimonio dos concellos da provincia

nos museos da RMPL

Cando: Dende o 5/09/2023
ao 29/09/2023

Formato: Presencial

En agosto, a área de Cultura da Deputación Provincial, a través da Rede Museística Provincial de Lugo lanzaba o programa de visitas, “Sabías que?” para coñecer as curiosidades e segredos dos museos que xestiona: Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol e Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos.

Para este mes de setembro establécense novas estratexias para visitar e coñecer os museos.

No Museo Provincial de Lugo comezan as visitas guiadas gratuítas de curta duración “Descobre o patrimonio dos concellos da provincia nos museos da RMPL”. Para coñecer o patrimonio da provincia de Lugo peza a peza, contarase con visitas de martes a sábado ás 11:00 e ás 18:30. Os domingos contarase cunha única visita ás 12:30.

O Museo Provincial de Lugo organiza ademais, visitas guiadas xerais gratuítas dunha duración de hora e media aproximadamente, conforme ao seguinte calendario:

Días 5, 6, 7, 8 ás  12:00 da mañá
Días 12, 13, 14, 15 ás 17:00 horas
Sábados: 16 e 30 ás 12:00 e ás 17:00
Domingos: 17 ás 11:00
Días 19, 20, 21, 22 ás 12:00
Días 26, 27, 28, 29 ás 17:00

No resto dos museos da RMPL as visitas guiadas xerais gratuítas “Descobre o patrimonio da provincia nos museos da RMPL”, serán previa reserva no correo electrónico concertacionsrmp@gmail.com

No Museo Pazo de Tor o aforo é limitado e a visita ten unha duración de hora e media. Para visitar o Museo Provincial do Mar será necesario un mínimo de 40 minutos e 60 para a visita ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla.

Tamén che pode interesar

  • Cartel da exposición "Amar a(mares)" de Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. O fondo da imaxe mostra unha textura de cristal con tons verdes e transparencias. Sobre el, aparece o título da exposición en letras grandes e escuras. Máis abaixo, en menor tamaño, figuran os datos da mostra: terá lugar do 3 de abril ao 31 de maio de 2025 no Museo Provincial de Lugo. Na parte inferior, os logotipos da Deputación de Lugo - Cultura e da Rede Museística Provincial de Lugo.

Amar a(mares)

Amar a(mares) Julia Ares Infantil e familias | Maiores

Comparte nas túas redes