Día das Letras Galegas no MPL
Dedicado a Luísa Villalta
A Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta (1957-2004), figura relevante da literatura galega das dúas últimas décadas do s. XX e primeiros anos do s. XXI. Con grandes dotes artísticas, conseguiu que a música, un dos campos que máis explorou, marcase de xeito importante a súa produción literaria.
A Biblioteca do Museo Provincial de Lugo pon á disposición da cidadanía un lote de publicacións arredor desta escritora, co fin de favorecer o coñecemento da súa vida e obra:
“Pensar é escuro. Poesía reunida”, recompilación de catro títulos de Luísa Villalta: “Música Reservada” (1991), “Ruído” (1995), “Rota ao interior do ollo” (1995) e “En concreto” (2004).
“Abonda con vivir”, biografía de Luísa Villalta escrita por Montse Dopico.
“Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta”, de Enrique Mauricio e “O violino de Luísa”, de Verónica Santalices e Mara Méndez, obras destinadas ao público infantil.