Día Internacional do Libro 2024

Cartaz deseñado por Helena Pallarés para o Día Internacional do Libro 2024

O 23 de abril festéxase o Día Internacional do Libro e a Biblioteca do Museo Provincial de Lugo súmase a esta efeméride mostrando o cartaz que, a propósito da data e por encargo da Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, fixo a ilustradora Helena Pallarés; representando a figura dunha muller que envolve e abraza un libro vermello a xeito do seu propio corazón.

Esta Biblioteca conta con exemplares de dous dos títulos máis lidos e máis traducidos ao longo da historia: a Biblia e El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha. Dentro do Fondo Antigo dispoñemos dunha Biblia editada en varios tomos no ano 1846 e tres exemplares do Quijote: unha edición facsímil realizada en 1897 a partir dunha impresión de 1615, outra de 1905 con gravados e unha última de 1915.

Galería

Comparte nas túas redes