Día Internacional dos Arquivos no Museo Provincial de Lugo

“Arquivos e tecnoloxías emerxentes” #CiberArchivos

Os arquivos de museos organizan, preservan e difunden a documentación que eles mesmos xeran ao longo dos anos. O do Museo Provincial de Lugo conta cun singular fondo documental privado (arquivos familiares, persoais, relixiosos, militares e de empresa) e público (protocolos notariais, apeos do Conde de Altamira, porcones e administrativo). O seu valor ten moita relevancia, pois documentan a historia e o desenvolvemento da propia institución (vid. https://arquivo.redemuseisticalugo.org/index.php/?sf_culture=es).

No Día Internacional dos Arquivos sumámonos á celebración desta efeméride amosando dous documentos, pertencentes ao Fondo Documental Público/Administrativo, que dan testemuña da boa relación que o MPL (dende os seus inicios nos anos 30 do século pasado) mantén co Museo Nacional do Prado, o que fixo posible a concesión en depósito de distintas obras, tanto escultóricas como pictóricas, e que a día de hoxe segue vixente.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes