Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
(TEA) no MPLugo
Temática: Accesibilidade, integración e inclusión
Esta proposta forma parte de: MusEU ANDO
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: 02/04/2023
De 10:30am a 13:00pm
Formato: Presencial
O lema escollido para esta ocasión, “Chamémolo polo seu nome”, pon o foco en tres aspectos esenciais:
–Variabilidade dentro do Espectro do Autismo. Iguais pero diferentes.
–Singularidade e especificidade. Derribando estigmas e falsas crenzas e comprendendo o autismo e valorando ás persoas autistas.
–Sentido de pertenza. Orgullo fronte a rexeitamento; apoio fronte a reemprazo.
Light It Up Blu
Solicitude de iluminación do edificio do concello, entidade ou monumento da zona a tarde-noite do DOMINGO 2 DE ABRIL, ou ao redor desa data, como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con Autismo (TEA) e as súas familias.
Programa no MPLugo
10:30h.–Charla sobre “Os dereitos das persoas con TEA. Un percorrido a través das novidades lexislativas”. Relatora: Pilar García-Puertas Taboada, presidenta da Asociación Raiolas.
12:00h.– Inauguración da exposición de infinitos realizados por usuarios/as da asociación.
12:15h.-Lectura do manifesto.
12:30h.-Actuación musical solidaria do grupo “Os Valuros” de Castro de Rei.
13:00h.-Clausura.
Enlaces de interese
Artigo: Ti en min, eu en ti. Museos con todxs (PDF)