Dous artigos escritos por técnicas do MPL no último número da revista Lvcensia

Dentro do traballo de divulgación científica dos contidos do Museo Provincial de Lugo, técnicas desta institución acaban de publicar dous artigos na revista Lvcensia, Miscelánea de Cultura e investigación, nº 67, 2023, presentada recentemente:

“Las artistas pensionadas por la Diputación de Lugo: Maruja Mallo, Julia Minguillón Iglesias, Isabel Pernas Bujados” por María Quiroga Figueroa.
e
“Xoán Anllo. In memoriam. Coleccionismo e altruísmo.” por Aurelia Balseiro García e Paula Salinas Somoza.

En ámbolos dous casos preténdese difundir tanto o patrimonio cultural custodiado no MPL como o recoñecemento a artistas e benfeitores que co seu traballo e xenerosidade influíron no incremento das coleccións desta institución; cunha pequena homenaxe ás mulleres creadoras lucenses que recibiron axudas para formación artística por parte da Deputación de Lugo no século pasado e, no segundo caso, cun recoñecemento a un mecenas lucense, finado neste mesmo ano, que doou ao MPL unha importante colección de Arte Africano.

Tamén che pode interesar

 Sala 14 do Museo Provincial de Lugo 

A partir do 6 de novembro de 2023 está dispoñible para os visitantes deste museo unha nova remodelación da sala 14 que agora estará dedicada a Maruja Mallo, Colmeiro e Castelao cun total de 12 obras.

Comparte nas túas redes