EdMS24 | Investigar e aprender no museo: outro tempo

Ciclo de conversas

Cartaz promocional de Estratexias de Museoloxía Social EdMS24, baseado na eira e os labirintos de pedra do Pazo de Tor. O lema desta edición son as conversas sobre investigar e aprender no museoe outro tempo

Esta proposta forma parte de: Estratexias de Museoloxía Social

Cando: Todos os martes (17:00-18:30) do 09 ao 30 de abril, ambos incluídos.

Formato: En liña

Este ciclo de conversas forma parte de Estratexias da Museoloxía Social da Rede: EdMS24, unha nova experiencia para a comunidade iberoamericana da Rede: un espazo de diálogo, posta en común e pensamento colectivo. Dende a perspectiva da educación e a investigación no museo -en liña co lema do Día Internacional dos Museos deste 2024– e co foco posto no tempo.

Buscamos coñecer experiencias, da man de profesionais de referencia internacional nos ámbitos da educación e a investigación no eido museístico. Pero tamén falar e debatir sobre que condicións deberan darse para xerar contextos con tempo de calidade para que profesionais de museos, outros axentes culturais e a propia comunidade poidan indagar, experimentar e aprender sobre as súas coleccións ou sobre as realidades sociais do territorio.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes