ESTRATEXIAS DE MUSEOLOXÍA SOCIAL 2023

O Consello Internacional de Museos (ICOM) determinou que o lema para o Día Internacional dos Museos (18 de maio) deste ano fora Museos, sustentabilidade e benestar.

Arredor desta efeméride, entidades museísticas de todo o mundo organizaron actividades que visibilizaron o papel dos museos en particular, e da cultura en xeral, no benestar o o desenvolvemento sostible das súas comunidades.

Ao fío desta celebración, e trala exitosa experiencia do ano pasado, na Rede decidimos abrir a nosa comunidade de aprendizaxe a todas as persoas vinculadas ao sector cultural, educativo, creativo,…da contorna iberoamericana, co obxectivo de facilitar unha reflexión colectiva sobre o noso papel como museos e sector cultural. A través de tres propostas sobre as que artellamos o programa Estratexias de Museoloxía Social 2023: 

  • O ciclo de conversacións “O impacto da cultura no benestar e na sostibilidade. Avaliar, medir, mellorar”
  • O módulo formativo “Avaliar para ser sostenibles. Deseño e implementación dun plan de avaliación en Museoloxía Social”
  • Espazos de participación e conexión dixital

Todas as propostas deste programa formativo gratuíto foron deseñadas para que as participantes puideran organizar o seguemento dos contidos dunha maneira autoxestionada e flexible. Coa posibilidade ao remate, trala verificación da participación, de solicitar un certificado.

Ciclo de conversas | O impacto da cultura no benestar e a sostibilidade. Avaliar, medir, mellorar

A partir do lema do Día Internacional dos Museos, e relacionada cunha liña de traballo da Rede Museística denominada I Foro Expandido da Museoloxía Social da RMPL, desenvolvemos este ciclo de charlas inspiradoras.

Con elas quixemos xerar un proceso de reflexión e aprendizaxe, no que abordar como activar prácticas museísticas e culturais para mellorar o benestar social e a sostibilidade. Pero tamén -e isto cremos que é moi importante- como avaliar e medir o seu impacto. Fixémolo dende perspectivas diversas e da man de profesionais de referencia no contexto internacional.

As conversas foron en liña e desenvolvéronse os martes do 02 de maio ao 13 de xuño, ambos incuídos, (17:00-18:30 | CET/UTC+1) coa posibilidade de visionalas en diferido no espazo dixital que acolle á comunidade de aprendizaxe.

Cartaz do ciclo formativo Avaliar para ser Sostibles

Acción formativa | Deseño e implantación dun plan de avaliación en museoloxía social

Dirixida e coordinada por Eloísa Pérez-Santos, profesora de avaliación psicolóxica da Universidade Complutense de Madrid e investigadora de públicos de museos.

Desenvolveuse en liña durante o verán no espazo dixital de Estratexias para a Museoloxía Social 2023. Actualmente ofrece a posibilidade dunha sesión práctica no Pazo do Tor o 13 de novembro. Tes toda a información clicando aquí!

Ola 👋
Un pracer coñecerte.

Rexístrate ao noso boletín para recibir contido xenial na túa caixa de entrada, cada mes.

Non enviamos spam! Le a nosa política de privacidade para máis información.