Empregar sen prexuizos,

Creando oportunidades.

Esta proposta forma parte de: I Foro expandido de Museoloxía Social

Cando: Dende o 09/10/2023
De 11:00 a 13:00

Formato: Presencial

O traballo de investigación desenvolto polo equipo da RMPL arroxou datos novidosos ao atopar no Museo Pazo de Tor o primeiro proxecto dun psiquiátrico para Galicia ou ao coñecer que no Museo Provincial de Lugo houbo 11 celas adicadas a psiquiátrico.

Resultado destas investigacións, neste 2023 abríase no Museo Pazo de Tor un novo espazo, A vida tralos labirintos mentais, que repasa a historia da enfermidade mental e dos manicomios en Galicia e en particular, na provincia de Lugo.

Nesta ocasión, vaise un paso máis alá no tratamento da enfermidade mental e a RMPL organiza para o 9 de outubro a mesa redonda Encontros na Rede sobre Emprego e Saúde Mental, “Empregar sen prexuizos, Creando oportunidades”.

Esta actividade encadrada no Foro expandido de museoloxía social quere servir para preguntarse que podemos facer ante a enfermidade mental e facelo desde o mundo laboral, “Queremos coñecer que necesita unha persoa con enfermidade mental no contexto laboral para afrontar o día a día. E tamén que necesitan seus compañeiros/as para afrontar e axudar as situacións de crise que se dean. Tratamos de chegar a cada parte desa relación laboral para axudar a protexer a diversidade. Somos museos reais e vemos os problemas reais. Traballamos no noso día a día coa saúde mental. Son temas que por moito que se oculten forman parte da realidade e con estes encontros queremos crear foros de sabedoría para que as persoas do común compartan as súas experiencias”, sinala Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.

A cita de 11:00h a 13:00h na sala de exposición da Deputación de Lugo coa participación de traballadoras e traballadores, representación de Feafes (Federación de Asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental de Galicia) e integrantes de asociación empresariais.

Galería

Tamén che pode interesar

  • Convite do dialogo de saberes sobre o motin de cervo a cargo da historiadora Alba Diaz Geada

Mulleres en rebeldía: o motín de Cervo, 1892

A historiadora mariñana Alba Díaz Geada, descubriranos o papel das mulleres nas revoltas do s. XIX provocadas pola suba dos consumos e a carestía da vida, especialmente aquel sonado motín de Cervo, encabezado polas mulleres do lugar, o 23 de agosto de 1892

Comparte nas túas redes