En abril, visitas mil
MusEU ANDO pola Sostibilidade e o Benestar
Temática: Educación e mediación
Público: Infantil e familias | Maiores | Mocidade |
Esta proposta forma parte de: MusEU ANDO
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Cando: Abril
Formato: Presencial e en liña
MUSEO PAZO DE TOR
Visitas o Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
De martes a domingo, visitas guiadas concertadas previamente ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00h / Luns pechado
+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 165 534
MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA (Friol)
Visitas guiadas
Fortaleza con orixes no s. XIV do que se conservan tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior. Consta de tres plantas. Na primeira pódese visitar a cociña coa lareira e o forno, un salón con parladoiros e unha cheminea, amais de mobiliario. Na primeira e segunda planta da Torre de Homenaxe expóñense coleccións de armas e na terceira sobresae unha cheminea renacentista. A capela, co seus ornamentos, é do s. XVIII. Amais, este edificio recende lendas como a de Catarina de Santiso e a da Cova da Serpe.
Días 2, 14, 16, 25, 26, 29 e 30 de abril ás 17:00h.
Horario de 1 de marzo a 30 de outubro: De martes a domingo, incluídos festivos: de 10:00 a 20:00h. / Luns pechado
+ info: concertacionsrmp@gmail.com /982 375 156
MUSEO PROVINCIAL DO MAR (San Cibrao, Cervo)
Visita guiadas
Días 4, 5, 6 e 9 de abril ás 12:00h
Horario de inverno de outubro a maio: De martes a sábado (mañás de 11:00 a 14:00 e tardes de 16:00 a 19:00)
Domingos e festivos (mañás de 11:00 a 14:00) / Luns pechado
+ info: concertacionsrmp@gmail.com /982 594 572
Fisgando na Rede (nos catro museos da RM)
Este proxecto consiste na retransmisión de breves directos a través das redes sociais da Rede Museística Provincial de Lugo cos que se darán a coñecer historias, curiosidades e datos insólitos do patrimonio dos museos integrados na Rede, así como da súa vinculación co territorio, a comunidade e a identidade da provincia de Lugo.
Datas: cada mércores e sábado, ás 12:00 h, a partir do mércores, 19 de abril.
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Visita participativa: Contamos contigo! Dóanos a túa historia!
Gustaríanos contar contigo —coa túa colaboración, que nos contes a túa historia— e que consideredes o Museo Provincial de Lugo como un centro de socialización de aprendizaxe e desfrute. Que valores o Museo como depósito e gardián da memoria colectiva da comunidade porque andamos, coma ti, MusEUando pola Sostibilidade do planeta e o Benestar das persoas.
Calendario abril 2023
Días 11, 12, 13 e 14 de abril.
Horario da visita: de 18:30 a 20:00h.
Días 18, 19, 20 e 21 de abril.
Horario da visita: de 10:30 a 11:45h.
Actividade idónea para todas as idades
Horario de 1 de novembro ao 30 de maio: De martes a sábado: de 10:00 a 13:30h. e de 16:00 a 20:30h. / Domingos e festivos: de 10:00 a 15:00h. / Luns pechado.
+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 242 112
Visitas guiadas á exposición temporal ‘Cravos coma toxos. O neotenebrismo galego-portugués’
Esta exposición colectiva reúne obra destes artistas de Galicia e Portugal: Andy James, Antía Caldeiro, Carlota Caçador, Fernando Voyeur, Hermes, Hugo Sousa, Noemí Núñez, Noemí Parguelas e Nuria López. Comisariado: Sergio Marey.
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede Deputación Provincial de Lugo). Desde o 22 de marzo até o 22 de xuño de 2023.
Conduce a visita o comisario da mostra, Sergio Marey.
Horario de visita (entrada gratuíta): Luns a sábado: 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 h. / Domingos e festivos: pechado
Calendario visitas guiadas a esta exposición
Luns, 3 de abril, ás 12:30 e ás 19:00h.
Martes, 4 de abril, ás 12:30 e ás 19:00h.
Mércores, 5 de abril, ás 12:30 e ás 19:00h.
+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 242 112
Visita técnica guiadas á exposición temporal ‘María Corredoira’ (+ info)
Sala de Exposicións do MPLugo (Desde o 15 de marzo ao 31 de maio).
Día 20 de abril ás 19:00h.
Conduce a visita a comisaria da exposición e directora do MPLugo, Aurelia Balseiro.
Horario de 1 de novembro ao 30 de maio: De martes a sábado: de 10:00 a 13:30h. e de 16:00 a 20:30h. / Domingos e festivos: de 10:00 a 15:00h. / Luns pechado.
+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 242 112
Outras exposicións temporais que podes visitar nestas datas
-Fotografía a cegas V (2010-2023). A Ollada Sensible (+ info)
Sala Multiusos do MPLugo (Desde o 1 de marzo ao 30 de abril).
-De monetaria galega. Galiza e a súa moeda desde a Antigüidade ata os nosos días (+ info)
Refectorio do MPLugo (Desde o 31 de marzo ao 30 de xuño).
+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 242 112
Fisgando na Rede (nos catro museos da RM)
Este proxecto consiste na retransmisión de breves directos a través das redes sociais da Rede Museística Provincial de Lugo cos que se darán a coñecer historias, curiosidades e datos insólitos do patrimonio dos museos integrados na Rede, así como da súa vinculación co territorio, a comunidade e a identidade da provincia de Lugo.
Datas: cada mércores e sábado, ás 12:00 h, a partir do mércores, 19 de abril.