Encontro de Boas Iniciativas Culturais

No Pazo de Tor

O vindeiro 13 de xullo de 2026, o Pazo de Tor acollerá o Encontro de Boas Iniciativas Culturais. Esta xornada nace coa firme vontade de reunir a persoas, entidades e proxectos culturais de toda Galicia para observar, reflexionar colectivamente e intercambiar aprendizaxes. O obxectivo central é dar resposta a unha pregunta común: que fai que unha iniciativa cultural sexa capaz de construír comunidade, transformar un territorio e manterse viva ao longo do tempo?

O encontro parte da premisa de que as propostas máis valiosas non son necesariamente as máis grandes nin as que organizan máis actividades, senón aquelas capaces de permanecer no tempo, crear comunidade, activar o territorio e transmitir coñecementos e valores ás novas xeracións. A través do diálogo entre experiencias diversas, a xornada pretende identificar aprendizaxes compartidas, factores de éxito, retos comúns e oportunidades de futuro para fortalecer o ecosistema cultural galego.

O programa da xornada estrutúrase da seguinte maneira:

  • 10:00 h: Recepción das persoas participantes

  • 10:15 h: Apertura institucional (DPL, DPC, CCG)

  • 10:30 h: MESA 1: Profesionalización Cultural e Desenvolvemento Territorial. Modelos de xestión e proxectos sustentables que xeran valor económico e social no medio rural e periurbano.

  • 12:00 h: Pausa café

  • 12:30 h: MESA 2: Patrimonio, Territorio e Transmisión de Coñecementos. Experiencias enfocadas na posta en valor da identidade local, a memoria histórica e o legado cultural.

  • 14:00 h: Xantar

  • 16:00 h: MESA 3: Asociacionismo Cultural e Construción de Comunidade

  • 17:30 h: Pausa

  • 17:45 h: MESA 4: Cultura, Participación e Aprendizaxe Comunitaria. Experiencias que conseguiron mobilizar persoas, fortalecer o tecido social e crear espazos de participación cultural.

  • 19:00 h: Conversa aberta e conclusións por Adela Vázquez

  • 19:15 h: Clausura da xornada

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes