Encontros de saberes:

escrita no remoto

Esta proposta forma parte de: Soterradas

Onde se desenvolve:  Pazo de Tor

o 13/08/202411:30 am.

O próximo 13 de agosto ás 11.30, o Pazo de Tor será o escenario dun novo “Encontro de Saberes”, no marco das residencias literarias anuais “Escritura no remoto”, organizadas en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra e a área de cultura da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo. Este evento contará coa participación de dúas destacadas voces da literatura contemporánea: Roser Vernet, actual residente deste ano, e María Sánchez, quen formou parte da edición pasada e recentemente publicou o seu poemario “Fuego la sed”, froito da súa residencia o verán anterior.

Este encontro brinda unha oportunidade única para penetrarse no universo literario de ambas as autoras, permitindo coñecer de cerca as súas reflexións e experiencias. Roser Vernet e María Sánchez, dúas autoras de diferentes xeracións, enfocaron gran parte do seu traballo na defensa do territorio e a importancia de dar voz ás historias e vivencias que emerxen fóra dos centros urbanos, así como en destacar o valor da tradición, a terra e a comunidade.

O “Encontro de Saberes” concíbese como un espazo de intercambio e diálogo, onde os asistentes non só poderán escoitar ás autoras, senón tamén participar activamente, formulando preguntas e compartindo as súas propias inquietudes.

Comparte nas túas redes