Encontros no Rural. Diálogo de Saberes

Arredor de Rosalía de Castro

Público: Mocidade

Esta proposta forma parte de: I Foro expandido de Museoloxía Social

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando:  22/03/2022
as 19:00

Formato: Presencial

O mércores, 22 de febreiro, ás 19:00h. para celebrarmos o Día de Rosalía (23 de febreiro) no Museo Provincial de Lugo convocámoste a un Diálogo de Saberes ‘Arredor de Rosalía de Castro’ no que van participar Marica Campo, Luz Darriba e Helena Villar Janeiro. Modera: Encarna Lago González. Benvida e presentación, Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo.

Repensar a Rosalía de Castro, a súa herdanza, un legado que se renova e multiplica co paso do tempo. Unha multiplicidade de elementos que aporta cada escrito de Rosalía e que pode non só ocupar un posto na contemporaneidade, senón, tamén, utilizarse como ferramenta  en moitas das loitas que levamos adiante as mulleres.

Cada unha de nós ten a súa Rosalía mental, garda na memoria o momento primeiro no que se achegou á figura desta muller tan singular e chea de arestas, que seguimos a descubrir mesmo no século XXI.

Por iso, cada unha de nós traerá até o presente esas imaxes, esas palabras, eses pensamentos e todo o que comportan.

Entre todas, e coa participación do público presente, tentaremos dar forma a este collage colectivo que xeraremos, así como «algunhas» respostas a «algunhas» preguntas. Dende o coñecemento e o sentimento. Niso consiste este intercambio.

Luz Darriba

Entrada libre até completar aforo.

Podcast

Comparte nas túas redes