Estratexias dixitais na museoloxía social

Unha comunidade de aprendizaxe

Imax compartida por unha alumna da formación Estratexias Dixitais para Museoloxía Social

Esta acción forma parte: das formacións da RMPL

Cando: Celebrouse en febreiro e marzo de 2022

(Atópase activo de maneira asíncrona ata decembro de 2022)

Formato: Virtual

Desde fai tempo, a RMPL vén realizando un esforzo por adaptar os seus servizos e actividades ás novas demandas sociais derivadas da transición dixital da sociedade.

Coa pandemia, igual que en moitos outros eidos, a situación sanitaria e as restriccións derivadas puxeron de manifesto a imaxinación e esforzo do equipo humano da Rede para manter a actividade. Pero tamén as limitacións e as distintas fendas dixitais que impiden manter unha relación óptima coa cidadanía, especialmente baixo os valores de calidade no servizo, igualdade de acceso, universalidade e participación cos que nos identificamos

Sendo consciente da necesidade de transitar de xeito sustentable cara un mellor equilibrio entre a dimensión presencial e a virtual, a RMPL decidiu abrir unha reflexión e un proceso formativo para abordar cuestións de infraestrutura, oferta e servizos dixitais. Tamén accións para a inclusión, capacitación e empoderamento dixital da cidadanía e dos equipos de traballo, sen esquecer os novos modelos dixitais e híbridos de participación e mediación cultural.

Unha proposta que inicialmente ía ser de carácter interno pero que se abriu á comunidade de profesionais coas que a Rede Museística Provincial de Lugo está vinculada.

Galería

Outras propostas relacionadas

Comparte nas túas redes