Fermín González Prieto
30 anos da sua morte

Temática: Belas Artes
Esta proposta forma parte de: Acordanzas
O 9 de maio de 1987 falecía en Madrid o artista Fermín González Prieto. Nacera en Viveiro en 1900. Apenas adolescente emigrou a Cuba, onde comezou a súa formación artística na Academia Nacional de Belas Artes de San Alejandro da Habana. Interesábase tanto polo debuxo como pola pintura e pronto comezou a destacar como pintor de figura e paisaxe. Máis tarde exerceu de profesor no colexio Concepción Arenal, centro de ensino primario aberto polo Centro Galego na capital cubana a principios do século XX. Naquela época colaboraba como ilustrador nalgunhas revistas (Eco de Galicia, Labor Galego) editadas pola colonia galega asentada en Cuba.
En 1918 Fermín González Prieto viaxou a España e decidiu quedarse. Instalouse en Madrid, pero con frecuencia desprazábase a Viveiro, onde vivían os seus pais e onde decide establecerse a partir de 1933.
En Viveiro organizou ao longo de 20 anos a súa vida familiar xunto á súa esposa e os seus dous fillos. Exerceu de profesor de debuxo na Escola Elemental de Traballo e dedicouse sobre todo á fotografía. Era o fotógrafo LANDER, que retrataba xentes e paisaxes con ollos de pintor.
En Viveiro pasou anos difíciles e foi vítima de represalias políticas que ata lle fixeron temer pola súa vida.
Cara a 1950 regresou á pintura, grazas sobre todo ao apoio dalgúns amigos. Durante varias décadas pintou con intensidade a paisaxe, tanto de Castela como de Galicia, esencialmente o da montaña lucense.
A faceta retratística de González Prieto está representada na Sala 12 do Museo Provincial co cadro ao óleo ‘Retrato de Petronila Iglesias de las Heras’.
O museo conserva ademais outras sete obras do pintor, sete paisaxes, seis deles adquiridos ao seu fillo Jaime González Cociña no ano 2004.
Obra no Mplugo
–Mariña
Óleo sobre lenzo, 55 x 73 cm
–Paisaxe
Óleo sobre táboa, 56 x 76 cm
–Ouselle
Óleo sobre táboa, 61 x 43,5 cm
–Vidueiro (1961)
Óleo sobre lenzo, 55 x 73 cm
-Amencer na praia
Óleo sobre lenzo, 60 x 76 cm
-Árbores
Óleo sobre táboa, 65 x 50 cm
-Doiras
Óleo sobre lenzo, 81 x 100 cm
–Retrato de Petronila Iglesias de las Heras
Óleo sobre lenzo, 63,5 x 50,7 cm
Galería das obras no MPL
Tamén che pode interesar
Acordanzas: Xosé Vizoso
Xosé Vizoso Día da Ilustración 2025 Temática: Belas Artes