Follas Novas, saberes migrantes

No CEIP San Miguel de Reinante

A Rede Museística Provincial foi convidada a  participar o día 17 de febreiro no proxecto “Explorador@s de Barreiros”, unha iniciativa coordinada pola biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante. Esta colaboración permitirá celebrar de forma especial o Día de Rosalía, poñendo o foco nun tema de gran relevancia: a emigración e o seu impacto no concello de Barreiros.

Durante a xornada exploraremos co alumnado o legado e o patrimonio deixado polos migrantes de Barreiros, destacando a súa preocupación pola educación e o esforzo na creación de escolas, un compromiso que reflicte o seu desexo de garantir un futuro mellor para a súa terra.

A actividade diríxese ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, convidando ás crianzas a investigar e reflexionar sobre o seu pasado migrante, recoñecendo este aspecto fundamental como parte da memoria colectiva da nosa provincia.

Unha oportunidade para unir tradición, educación e memoria, e para seguir celebrando os valores que Rosalía tanto reivindicaba: raíces, identidade e futuro.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes