Historia do Futuro

Un viaxe no espazo-tempo

Historia do futuro. Proxecto anteprimeiro. Pamen Pereira e Che Marchesi. Pazo de Tor 2023

Onde se desenvolve:  Pazo de Tor

Cando: Dende o 19/05/2023
ata finais de setembro

Formato: Presencial

Historia do Futuro e un proxecto de Pamen Pereira e Che Marchesi para o Pazo de Tor que da luz aos recordos, e ao que se agocha entre as fendas dos muros. Dar forma ás percepcións sutís que alí se perciben convivindo co edificio, os seus libros, os seus obxectos e as súas pedras, incorporando novas capas coas que mergullarnos no territorio e na súa comunidade.

Traballase dunha parte coa memoria silenciada dos habitantes que, por razón de clase, identidade sexual, relixión ou orixe quedaron excluídas de calquera memoria rexistrada, e coa memoria escrita dun lugar polo que pasaron a política, as guerras, a relixión e a arte movendo un importante marco social. Un análisis da man da intuición e da sensibilidade poética que escribe un novo relato que, utilizando diferentes manifestacións artísticas, amplía a nosa visión.

Estes dous artistas dialogan na creación destas obras desde o rigor e a complicidade na interpretación da natureza e coa súa poética, realizan intervencións cos recursos tradicionais e as novas tecnoloxías permitindonos ver máis aló da realidade representada e proporcionándo novos códigos e novos recursos conceptuais que abren as portas á unha HISTORIA DO FUTURO.

Video

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes