“Historía Postal de Lugo. S. XVIII-XX”.

Colección Andrés García Pascual

Detalle dunha carta antiga que amosa marcas postais de Lugo. Na parte superior vese unha caligrafía manuscrita en tinta marrón. Destacan dous cuños: un á esquerda, de forma circular e orlada con follas de loureiro en cor azul, co texto "GALICIA LUGO"; e outro á dereita, de forma triangular e en cor vermella.

O xoves 19 de febreiro, ás 19:00 horas, o Museo Provincial de Lugo inaugura a mostra “Historia postal de Lugo. S. XVIII-XX”. A exposición recolle pezas da colección de Andrés García Pascual que documentan a evolución das comunicacións e a identidade da zona durante dous séculos.

A mostra inclúe máis de 370 pezas organizadas por bloques temáticos. Un dos apartados principais aborda a Historia Postal da cidade de Lugo nos séculos XVIII e XIX, con cartas que mostran as marcas da Administración Principal de Correos de Lugo durante 150 anos. Tamén se detalla a actividade das poboacións que dependían desta oficina, situadas nas provincias de Lugo, Mondoñedo e Betanzos.

Outra sección céntrase nas Carterías da provincia de Lugo (S. XIX-XX), cunha recompilación de marcas postais das diferentes localidades. Así mesmo, a exposición analiza o papel de Lugo en conflitos como a Guerra da Independencia e a intervención dos 100.000 Fillos de San Luis, mediante cartas, documentos e gravados.

O percorrido complétase con tres vitrinas que conteñen unhas 130 caixas para selos dos séculos XIX e XX. Esta iniciativa pon o foco no valor do patrimonio documental e na historia que se conserva a través da correspondencia.

Comparte nas túas redes