I Xornadas de rol e xogos de mesa na Fortaleza de San Paio de Narla
Cultura alternativa

No marco do Día Internacional dos Museos 2025, que este ano leva por lema “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”, a Rede Museística Provincial ofrecerá un amplo programa de actividades ao longo do mes de maio.
Unha das propostas destacadas terá lugar os días 10 e 11 de maio, cando o Museo fortaleza de San Paio de Narla acolla as I Xornadas de Rol e Xogos de Mesa, impulsadas pola asociación A Mesa de Breogán.
Durante o sábado 10, de 10:00 a 20:00, o público poderá gozar de demostracións prácticas de diferentes tipos de xogos: de mesa, de rol e wargames. Esta actividade pretende dar a coñecer este eido cultural e achegar as afeccións lúdicas a toda a xente interesada. A entrada é libre, aínda que algúns xogos estarán recomendados para maiores de 16 anos, debido á súa complexidade ou contido.
O domingo 11, de 10:00 a 13:30, terá lugar un rol en vivo de salón, onde as persoas participantes simularán unha reunión importante na Galiza medieval, interpretando personaxes a través da palabra e a imaxinación.
Inscricións
-
Xogos de mesa: participación por orde de chegada.
-
Xogos de rol, wargame e rol en vivo: inscrición previa obrigatoria, dispoñible a partir do 1 de abril.
Formulario de inscrición para os xogos de rol (praza limitada):
-
As mozas de Barbazul
Primeiro pase
Segundo pase -
La llamada extinta
Primeiro pase
Segundo pase -
Lobisome: A revolta
Primeiro pase
Segundo pase -
Rol en vivo: Concilio e Crime (domingo 11)
Formulario de inscrición