I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:
Novas perspectivas.

O grupo de traballo e comité organizador destas xornadas, impulsan esta proposta xunto coa Rede Museística Provincial de Lugo para iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. Do mesmo xeito, buscamos crear canles de colaboración coa Rede Museística de Lugo, sempre aberta e sensible ao diálogo, ao recoñecemento e respecto pola diversidade e a loita pola igualdade de oportunidades.
Obxectivo fundmental das xornadas:
Crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.
Obxectivo secundarios:
- O fomento e apoio á diversidade como imperativo ético da nosa sociedade, como valor e como elemento a protexer.
- Promover actitudes críticas cara á discriminación e LGTBIfobia por exercer unha sexualidade ou identidade disidentes ou alternativas.
- Visibilizar non só os contextos nos que as persoas o colectivo LGTBIQA+ transitan a diario, senón tamén as boas prácticas e recomendacións daquelas persoas do país que xa están a traballar esta cuestión nos seus respectivos campos.
- Construír un foro de debate do que poidan derivarse colaboracións, iniciativas e dinámicas sociais que xeren actividade na Cidade e Provincia de Lugo, en materia de diversidade afectivo-sexual.
- Alfabetización en dereitos: con ferramentas para o apoderamento das persoas, tanto as que estean nas siglas LGBTIQA+ coma a calquera fóra delas; e tanto en materia preventiva como reactiva.
- Formación a profesionais e futurxs profesionais: contando con expertxs de primeiro nivel nos seus campos de traballo, coñecedorxs dos puntos febles e oportunidades de mellora nos mesmos.
Tamén lle pode interesar
Nova sesión das Xornadas de Acceso á Cultura 2025 en Galicia: Acceso á cultura e interseccionalidade
Nova sesión das Xornadas de Acceso á Cultura en Galicia: Acceso á cultura e interseccionalidade
3 de xuño: Aniversario da Declaración de Monumento Histórico-Artístico do claustro do MPL
3 de xuño: Aniversario da Declaración de Monumento Histórico-Artístico do claustro do MPL A colección
Proxección do documental “No se oye” e charla posterior
"No se oye" “O esquecemento está cheo de memoria” - M. Benedetti
V Xornadas Pacegas: xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor
V Xornadas Pacegas xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor
Día Mundial da Filatelia no Museo Provincial de Lugo
Día Internacional da Filatelia A colección filatélica do Museo Provincial de Lugo