I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

Novas perspectivas.

cartaz I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

O grupo de traballo e comité organizador destas xornadas, impulsan esta proposta xunto coa Rede Museística Provincial de Lugo para iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. Do mesmo xeito, buscamos crear canles de colaboración coa Rede Museística de Lugo, sempre aberta e sensible ao diálogo, ao recoñecemento e respecto pola diversidade e a loita pola igualdade de oportunidades.

Obxectivo fundmental das xornadas:
Crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.

Obxectivo secundarios:

  •  O fomento e apoio á diversidade como imperativo ético da nosa sociedade, como valor e como elemento a protexer.
  •  Promover actitudes críticas cara á discriminación e LGTBIfobia por exercer unha sexualidade ou identidade disidentes ou alternativas.
  •  Visibilizar non só os contextos nos que as persoas o colectivo LGTBIQA+ transitan a diario, senón tamén as boas prácticas e recomendacións daquelas persoas do país que xa están a traballar esta cuestión nos seus respectivos campos.
  •  Construír un foro de debate do que poidan derivarse colaboracións, iniciativas e dinámicas sociais que xeren actividade na Cidade e Provincia de Lugo, en materia de diversidade afectivo-sexual.
  •  Alfabetización en dereitos: con ferramentas para o apoderamento das persoas, tanto as que estean nas siglas LGBTIQA+ coma a calquera fóra delas; e tanto en materia preventiva como reactiva.
  •  Formación a profesionais e futurxs profesionais: contando con expertxs de primeiro nivel nos seus campos de traballo, coñecedorxs dos puntos febles e oportunidades de mellora nos mesmos.

Tamén lle pode interesar

Carlos de Haes

Tags: |

Carlos Sebastián Pedro Humberto de Haes nace o 27 de xaneiro de 1826 en Bruxelas e falece en Madrid o 17 de xuño de 1898. No Museo Provincial, na sala 22, exhíbense tres obras deste artistas. Dúas son depósitos do Museo do Prado, e outra propiedade do Museo Provincial de Lugo.
  • Corpo permeable / Corpo insubstituíble, exposicion de Gema López no Museo Provincial de Lugo

Corpo permeable / Corpo insubstituíble

Tags: |

En Corpo permeable / Corpo insubstituíble, Gema López reflexiona sobre a influencia da contorna na nosa identidade, cal é a nosa esencia e como nos mimetizamos.

A vida tralos labirintos mentais

Soterradas: a vida tras os labirintos mentais é unha contribución para tratar de visibilizar a situación da saúde mental en Galicia actualmente, vendo a súa evolución desde o Antigo Réxime
  • Cama de soterradas elevada no aire por Pamen Pereira e Che Marchesi

Historia do Futuro

Tags: |

Historia do Futuro propón unha viaxe no espazo-tempo que a través da Arte repasa e interpreta a historia adentrándose nas fendas do Pazo de Tor
  • Fernández Arguelles por Sandra Alonso

Julio Antonio Fernández Argüelles

Tags: |

O día 2 de maio cómprense 100 anos do nacemento de Julio Antonio Fernández Argüelles. Pintor, escultor e gravador natural de Astorga, pero asentado desde 1951 na Coruña, onde levou a cabo unha intensa actividade pictórica

Comparte nas túas redes