II Xornadas Pacegas-SoTERRAdas
A vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo

Temática: Xéneros e igualdade
Esta acción forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Cando: Os días 18 e 19-05-2022
De 16:00 a 19:00 os dous días
Formato: Presencial
Vinculadas ao lema “O poder dos museos”, escollido polo ICOM para o Día Internacional dos Museos, esta segunda edición das Xornadas Pacegas céntrase no concepto de “poder” que se traslada dende os museos.
Poder entendido como posibilidade de mudar o que non nos gusta, como capacidade de revisar os camiños que transitamos para recuperar a memoria máis humilde. Neste caso a das mulleres que sostiveron -e sosteñen- con ímprobo traballo e fatigas as tramas xerárquicas de todos os poderes.
Galería
Tamén lle pode interesar
Acordanzas: 100 anos do nacemento de Luís Gómez Pacios
Luís Gómez Pacios 100 anos do seu nacemento Temática: Belas