Impulso Creador

Obradoiro de Sashiko

Dende o 30/09/2025 ao 01/10/2025

Descubre a beleza das artes textís e conecta cunha tradición ancestral neste obradoiro lúdico-práctico de sashiko.

Ao longo de dúas xornadas, afondaremos nas peculiaridades e a rica historia desta técnica de remendo, mentres desenvolvemos patróns de bordado sobre liño. Non só aprenderás a dominar os puntos básicos, senón que tamén descubrirás como o sashiko permite que cada persoa exprese a súa creatividade a través de deseños xa establecidos ou creando uns propios.

Este é un proxecto pequeno, pero que busca potenciar o valor de cada persoa dentro da comunidade. Unha viaxe que nos permitirá establecer conexións entre a nosa cultura e a xaponesa, explorando a súa beleza a través da práctica.

O obradoiro será impartido pola artista Carmen Llonín os días 30 de setembro e 1 de outubro, de 16:00 a 20:30 horas, no Museo Provincial de Lugo.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes