Inevitable
Unha crítica social pola liberdade sexual e de xénero
Temática: Xéneros e igualdade
Público: Infantil e familias | Maiores | Mocidade |
Esta proposta forma parte de: Día Internacional do Orgullo
Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo
Cando: Dende o 28/06/2024
Formato: Presencial
INEVITABLE é unha exposición realizada no Taller Daulloa, onde se representan diferentes situacións nas que se reflicten as consecuencias da problemática social con relación á diversidade sexual e de xénero.
INEVITABLE é unha crítica á sociedade. Non buscamos cambiar o mundo, se non tentar que cada un de nós ao coñecer as diferentes obras poidamos identificar os problemas que aínda quedan por resolver e descubrir se fomos partícipes ou cómplices dos mesmos.
INEVITABLE é o título máis apropiado para esta exposición. Non podemos pasar por alto todo o camiño que aínda queda por percorrer. Moitos destes cambios non dependen de leis que protexan ás persoas. Somos nós os que debemos modificar a nosa actitude co fin de respectar aos demais e non xulgar a ninguén pola maneira de vivir a súa vida.
INEVITABLE está formada por tres elementos:
Cores da bandeira LGTBI+: colocados verticalmente, representan a vida dunha persoa.
Cor branca: representan as decisións que tomamos cada un de nós e a maneira de actuar en base ás mesmas
Cor negra: representa á presión social e as súas consecuencias.
INEVITABLE non debería existir…