Intrahistorias. Luz entre as cinzas.

Público: Maiores
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Cando: Dende o 19/12/2023
ao 01/03/2024
Formato: Presencial
O próximo martes, 19 de decembro, terá lugar a inauguración da mostra expositiva Luz entre as cinzas, de Adra Pallón, a través dunha charla no Museo Provincial de Lugo que comezará as 18:30 h. O fotógrafo presentará o seu traballo fotográfico documental realizado durante os últimos cinco anos e falará sobre o medio fotográfico e a relación deste coa sociedade actual.
Deste modo quedará inagurada a mostra expositiva que se atopa presente en todos os museos da Rede Museística Provincial de Lugo dende ese día ata o próximo 1 de marzo de 2024.
En Intrahistorias. Luz entre as cinzas Adra Pallón mostranos imaxes capturadas ao longo dos últimos cinco anos, testemuñas da vida cotiá, do territorio, do ritual, da loita, do berro e tamén do silencio. Un percorrido fotográfico que entrelaza diversas historias e temáticas contemporáneas: os incendios forestais que queiman a nosa esencia, a loita valente dos obreiros fronte á desindustrialización que agocha sombras no horizonte, o éxodo silencioso da nosa raíz rural, a crúa realidade da clase traballadora. Un proxecto que se desprega en diferentes puntos da Rede Museística provincial de Lugo, eloxiando aos que pisan esta terra e o territorio que nos abraza.