Julia Minguillón
50 cabodano da sua morte
Temática: Belas Artes
Esta proposta forma parte de: Acordanzas
Aproveitando a circunstancia de cumprírense este 22 de agosto de 2015 cincuenta anos da morte de Julia Minguillón (Lugo, 1906 – Madrid, 22 de agosto de 1965), a dirección e o departamento de Belas Artes do MPLugo, coa colaboración doutros departamentos da Rede Museística da Deputación de Lugo, propoñen relembrar a obra e a figura de Julia Minguillón.
Realizou a presentación do acto o deputado delegado de Cultura, Mario Outeiro, acompañado da xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e da directora do MPLugo, Aurelia Balseiro.
Coincidindo coa efeméride, comunícase que a obra “A miña familia” foi sometida polo departamento de Restauración do MPLugo a traballos de CONSERVACIÓN PREVENTIVA.
Nos enlaces de interese que se anexan achéganse documentos con información biográfica sobre a artista homenaxeada, un ÁLBUM coas imaxes das obras da súa autoría que forman parte da exposición permanente así como de obxectos, persoais (espello, aneis, pulseira), unha LISTAXE BIBLIOGRÁFICA con obras de consulta existentes na Biblioteca do MPLugo sobre esta autora, un PÓSTER crono-biográfico, así como un FOLLETO con plano-guía para facilitar a localización das obras na sala nº 16 do MPLugo, que é onde se expoñen. Esta publicación tamén está ao dispor dos visitantes na recepción do MPLugo.
EXPOSICIÓN TEMPORAL
Desde o 16 de abril e ata o 14 de xuño na sala nº 16 os visitantes terán ocasión de contemplar unha mostra de obras, bosquexos (algún inéditos), documentación e obxectos persoais da pintora.
Galería
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Acordanzas: 25 anos da morte de Manuel Colmeiro Guimaraes
Manuel Colmeiro Guimaraes 25 anos da morte Temática: Belas Artes