Luís Ferreiro Peinó
100 anos do seu nacemento.

Temática: Belas Artes
Esta proposta forma parte de: Acordanzas
Luís Ferreiro Peinó nace en Lugo o 19 de maio de 1921. Comeza traballando como tallista nunha empresa de mobles pero posteriormente introdúcese no mundo da escultura e compaxinará as dúas actividades. Gradúase en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos na antiga Escola Ramón Falcón de Lugo, na especialidade de cerámica.
Realizou exposicións individuais e tamén participou en mostras colectivas entre os anos 1958 e 1991.
A obra de Ferreiro Peinó é figurativa, e ao longo do tempo foi evolucionando cara a formas máis estilizadas e esquemáticas. Na súa produción destaca o interese pola figura humana, o compromiso social, Galicia e o mundo onírico.
O escultor falece o 13 de abril de 2004.
O Museo Provincial de Lugo custodia, entre os seus fondos, tres esculturas en madeira de Luís Ferreiro Peinó: Tullido (1972), Cariña de Lúa (1980) e Bico (1980).
Nota: A imaxe de Luís Ferreiro Peinó procede da web: luisferreiropeino.gal
Galería
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Acordanzas: 100 anos do nacemento de Luís Gómez Pacios
Luís Gómez Pacios 100 anos do seu nacemento Temática: Belas