Malandanza

Unha visión de Alex Ferro.

Dende o 04/10/2024 ata o 03/11/2024

Recoñecida como Fotógrafa Emerxente Galega nas 1ª Xornadas de Fotografía Galega 2015 e despois de dar o salto internacional co seu proxecto sobre o cancro de mama “Mama Mía. Otras miradas al cáncer de mama”, Alex Ferro volve a afondar nun traballo onde a denuncia, os obstáculos e a desidia configuran o día a día do artista.

Participantes de toda índole (escultores, pintores, deportistas, músicos, etc.) quixeron reunirse para reflectir unha realidade que require unha revisión sen vendas nin eufemismos, todo elo baixo unha atmosfera decadente de circo antigo, onde cada artista representa a un personaxe, que se identifica e abraza o termo Malandanza.

Esta mostra, cuxa presentación terá lugar o 4 de outubro ás 19:00h, poderá visitarse ata o 3 de novembro na Sala de exposicións do Pazo Provincial de Lugo.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes