Manuel Bujados
60 anos da sua morte.
Temática: Belas Artes
Esta proposta forma parte de: Acordanzas
Aproveitando a circunstancia de cumprírense este 22 de xuño de 2014 sesenta anos da morte de Manuel Bujados (Viveiro, 1889 – Belle Ville (Arxentina), 22 de xuño de 1954), a dirección e o departamento de Belas Artes do MPLugo, coa colaboración doutros departamentos da Rede Museística da Deputación de Lugo, propoñen relembrar a obra e a figura do distinguido artista viveirense.
DOCUMENTACIÓN Nos enlaces de interese que se anexan achéganse documentos con información biográfica sobre o artista homenaxeado e sobre as obras da súa autoría que forman parte dos nosos fondos, así como un plano-guía para facilitar a súa localización nas salas do MPLugo onde se expoñen. Ademais, poñemos ao seu dispor o ÁLBUM coas reproducións de todas as obras deste artista que na actualidade existen no MPLugo.
VISITA ao MPLugo Desde esta data e durante un mes o MPLugo pon a disposición dos visitantes información adicional para quen desexe contemplar in situ a obra de Manuel Bujados.
Galería
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Acordanzas: 25 anos da morte de Manuel Colmeiro Guimaraes
Manuel Colmeiro Guimaraes 25 anos da morte Temática: Belas Artes