Mariquiñas e Cuquitas pola diversidade

Coñecendo o pasado, creando conexións: As nosas Mariquiñas e Cuquitas unen xeracións

La imagen muestra dos escenas relacionadas con actividades creativas de recorte y diseño. En la primera, aparece una muñeca de papel junto a una maleta abierta con un osito de peluche, un pasaporte y ropa. La maleta tiene un fondo de lunares rosados. En la segunda escena, se observa una mano trabajando en la creación de muñecas de papel, con tijeras y plantillas en un aula. El título "Mariquiñas y Cuquitas" encabeza la composición.

O vindeiro 18 de decembro ás 17:00 h., o Museo Provincial de Lugo acollerá tivunha acidade especial que une tradición, diversidade e intercambio cultural: o obradoiro Mariquiñas e Cuquitas.

Esta proposta intercultural e interxeracional convida a familias, maiores e pequenos a descubrir e gozar dun xogo tradicional compartido por xeracións: as bonecas de papel, coñecidas como “Mariquiñas” en Galicia e “Cuquitas” en América Latina. A través desta actividade, os participantes poderán mergullarse na riqueza cultural de países como Arxentina, Uruguai, España e Cuba, celebrando así a conexión entre diferentes culturas e xeracións.

Esta actividade enmárcase na celebración do Día Internacional do Migrante, baixo o lema Xuntas e Xuntos na Diversidade: Por un Mundo Máis Humano. O evento está organizado pola Asociación Rioplatenses de Lugo e a Rede Museística Provincial.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes