Migrei, migro e migrarei
Obradoiro
O fenómeno da migración forma parte esencial da nosa identidade colectiva. Está presente no noso territorio, na nosa comunidade, no noso patrimonio e nas nosas historias vitais.
A migración, con diversas causas, formas, esperanzas e resultados, é un reflexo das transformacións da sociedade ao longo do tempo. Queremos explorar este tema cunha actividade educativa e participativa dirixida ás crianzas da comunidade.
A través desta experiencia, investigaremos as súas ideas sobre a migración e reflexionaremos sobre conceptos clave como a multiculturalidade e a interculturalidade, axudando a comprender as súas diferenzas de maneira sinxela e didáctica.
Información do obradoiro:
- Data: Sábado 21 de decembro
- Horario: De 11:00 a 12:30
- Idades: De 4 a 14 anos
- Lugar: Museo Provincial do Mar
- Prazas: 10