“Miradas de Acisclo Manzano.”

Homenaxe á Virxe dos Ollos Grandes de Lugo

Dende o 02/07/2026 ata o 30/08/2026

O vindeiro xoves 2 de xullo ás 19:00 horas, o Refectorio do Museo Provincial de Lugo acollerá a inauguración da primeira exposición monográfica do escultor Acisclo Manzano na nosa institución. O acto de apertura contará coa presenza do propio artista e inaugurará unha mostra que permanecerá aberta ao público ata o 30 de agosto de 2026.

A exposición ofrece unha escolma de 28 obras inéditas de recente execución, creadas neste mesmo ano de xeito específico para os espazos do museo. O conxunto está composto por 19 pezas de arxila cocida que achegan diferentes variacións sobre a imaxe da Virxe dos Ollos Grandes, patroa da cidade, acompañadas de 9 debuxos e bosquexos preparatorios. 

Despois de 72 anos de traxectoria desde os seus primeiros descubrimentos coa madeira, o escultor, que adoita definirse como “helénico e miñoto”, decántase nesta ocasión pola arxila ao entender o barro como poesía e como a sensación primeira e pura. As obras están conformadas en barro refractario, xogando coas pátinas e as cores, e explorando os volumes parciais. Ao evitar o vulto redondo completo, Manzano consegue concentrarse na forza visual das formas suxeridas, combinando a figuración e a abstracción.

Enlaces de interese

Comparte nas túas redes