Mocidade das/nas aldeas

cartaz de Mocidade das nas aledeas na que se ve a escaleira de pedra de entrada a balaustrada do entrada do pazo de tor

O vindeiro 25 de outubro, a Xornada de Pensamento Comunitario dará comezo no Pazo de Tor. O encontro busca impulsar un cambio real e profundo, explorando como a cultura pode converterse nun motor de progreso que conecte as áreas máis pequenas con grandes núcleos urbanos e mesmo con proxectos internacionais.

A xornada propón aprender en comunidade, unindo a sabedoría e o legado das persoas maiores, cuxas testemuñas son un tesouro que non debe quedar no esquecemento, coa visión innovadora dos novos habitantes que buscan revitalizar estes espazos únicos. Poñerase un foco especial na mocidade como peza fundamental para a repoboación do rural, mostrando proxectos inspiradores que xa están a funcionar con éxito.

Programa no Pazo de Tor (mañá)

  • 10:00 h – Inauguración
    • Iría Castro, Deputada Área de Cultura da Deputación de Lugo
    • Encarna Lago, xerente da Rede Museística provincial de Lugo
    • Carlota Pérez, directora das xornadas
  • 10:30 – 12:00 h
    • Lisi Sarziada e Nacho Quesada
      • Rurealidades e proxectos rurais en Asturias.
    • Comunicacións seleccionadas na convocatoria para a mocidade.
    • Natalia Balseiro
      • Proxectos participativos no medio rural: A cultura como motor de cambio en Galicia.
  • 12:30 – 14:00 h
    • Outonia
      • Proxectos pedagóxicos para os novos do rural.
    • Carlota Pérez
      • Sacraexperience e La pequeña Bauhaus. Centros de creación nas aldeas.
    • Comunicacións seleccionadas na convocatoria para a mocidade.

A asistencia a este evento no Pazo de Tor será libre e de balde ata completar o aforo. Despois do mediodía, a xornada trasladarase á aldea de Pincelo para continuar co seu programa.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes