Mulleres ao salseiro

Esta acción forma parte de: Amar a mar

Dende o 1/02/2021 ao 29/05/2021

Online

As mulleres da Mariña toman a palabra e cóntannos a historia que non se ve e que sempre se cala, a delas, a de todas e todos. Paroladas ao vivo!

Con quen? Con elas.

Con que? Dialogar, falar é o primeiro paso para cambiar o mundo.

Como? Achegándonos á comunidade para coñecernos, recoñecernos e aprender xuntas e xuntos. Establecer redes de confianza e de participación entre persoas.

Por que? Que se quixo conseguir? Xerar a reflexión sobre a importancia das mulleres no decurso da historia. Visibilizar o que todas e todos sabemos, pero ninguén conta de portas para fóra. Visibilizar a memoria calada das nosas mulleres.

Relacionado con esta acción

  • videos de facebook de mulleres ao salseiro

Mulleres ao salseiro

Paroladas con mulleres de toda a comarca da mariña lucense. Dende a costa ata o interior. acción complementaria ao programa Amar a mar

Comparte nas túas redes